
A AGE, un ano máis, na Feira Internacional de Boloña
- En 05/04/2016
Entre os días 4 e 7 de abril celébrase en Boloña a Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, unha das citas internacionais máis importantes neste ámbito literario e punto de encontro para editores, axentes literarios, autores, ilustradores, tradutores e especialistas en literatura infantil e xuvenil de todo o mundo.
A Asociación Galega de Editores participa un ano máis neste evento, considerado fundamental para a promoción das obras galegas nos mercados exteriores.
Ademais da propia asociación, nesta edición daranse cita en Boloña 13 editoriais galegas, representadas por 6 editores que acudirán de xeito presencial a fin de levar a cabo diferentes actividades de promoción.