+34 609 83 15 11 :: s.tecnica@editorasgalegas.gal

Elixe o teu idioma

Tambre

Tambre

Edicións Tambre como empresa pertence ao Grupo Editorial Luis Vives, formado por seis selos editoriais, entre os que tamén se atopan Edelvives, Ibaizábal, Baula, Alhucema, e máis os Talleres Gráficos.

Todo o Grupo Editorial Luis Vives móvese cun obxectivo común: o esforzo en promover a educación nos valores que enchen de contido a democracia e o noso desexo de estar presentes con valentía e creatividade no mundo da edición, lugar de creación artística, científica e técnica e ámbito privilexiado para a reflexión humanística.

O noso proxecto empresarial aposta por un modelo de desenvolvemento sostible que satisfaga as necesidades da xeración presente sen comprometer a capacidade das xeracións futuras. Traballamos por unha cultura da solidariedade, a sobriedade e o consumo racional.

Dentro deste obxectivo común para todo o grupo a finalidade concreta de Edicións Tambre é a edición de libros en galego, tanto de texto como de literatura para contribuír ao desenvolvemento educativo e social da nosa lingua e cultura.

En texto a oferta vai dende as idades máis temperás, que abranguen a Educación Infantil ata o Bacharelato.

En literatura a colección Ala Delta en galego está recomendada para idades máis infantís, mentres que para o público xuvenil achégase a oferta da colección Catavento. Para os máis pequerrechos e para aqueles que comezan a ler tamén teñen ao seu dispor libros adaptados ás súas idades e competencia lectora.

Dentro do catálogo temos publicados libros que foron galardoados nos premios que cada ano convoca Editorial Luis Vives, entre outros:

  • Aínda quedan piratas na Costa da Morte, de Consuelo Jiménez de Cisneros, V Premio Ala Delta, 1994.
  • Maíto Panduro, de Gonzalo Moure, XII Premio Ala Delta, 2001.
  • O cazador de estrelas, de Ricardo Gómez, III Premio Narrativa Xuvenil, 2003.
  • A vaca de Fisterra e a trabe de alcatrán, de Marilar Aleixandre, finalista do Premio Nacional de Literatura 2004.
  • O carteiro de Bagdad, de Marcos S. Calveiro, XVIII Premio Ala Delta, 2007.
  • Eu vivía na fin do mundo, de Ramón Trigo, premio do II Concurso Internacional de Álbum Infantil Ilustrado Bibiloteca Insular do Cabildo de Gran Canaria, 2007.

O obxectivo último de Edicións Tambre é o servizo á persoa e á cultura.

 

Datos de Interese

 

  • Ano fundación: 1993
  • Cargos directivos:
    • Director xeral: Antonio Giménez de Bagüés
    • Xerente: Isabelino Reiné Carrasco
    • Administración e loxística: Antonio López Prieto
    • Responsable de edicións: Óscar Fontán
    • Coordinador de literatura: Ignacio Chao
  • Liña editorial: Libro de texto desde Educación Infantil ata Bacharelato. Literatura Infantil e Xuvenil
  • Coleccións: Texto: Zoom. +Q1. Mundo Auga. Dinorah. Biblia e Escola. O País das letras. Nubaris. Rumbo Nubaris.
    Literatura infantil e xuvenil: Ala Delta. Catavento. Uxía. Iago. Tento.
  • Títulos do catálogo: 300
  • Prefixos do isbn: 9677
  • Linguas nas que edita: Galego.
  • Distribuidores: Distribución propia, Torre Libros, Grialibros, Distribucións Arnoia.

Contacto:

Rúa Severino Cobas, 142

36214 Vigo, Pontevedra

Tel. 986272013

Fax 986272242

http://www.tambre.net

AGE Asociación Galega de Editoras
Formulario de Inscripción para Editoriais

Nome da editorial*

Enderezo da editorial*

Teléfono*

Web

Ano da Fundación*

Cargos directivos*

Liña Editorial*

Coleccións*

Títulos do catálogo*

Prefixos ISBN*

Distribuidores*

Conta bancaria para os cobros dos recibos trimestrais*

Presentación da editorial e declaración de intencións*

Imaxe/Logotipo (jpg o png. 1mb max.)

Send

Ó continuar navegando, está de acordo co uso das nosas cookies. máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close