#GRAZASLIBRO: A FGEE CONVIDA A CELEBRAR NAS REDES SOCIAIS A COMPAÑA DOS LIBROS EN TEMPOS DE CONFINAMENTO
- On 23/04/2020
A Federación de Gremios de Editores de España (FGEE), con motivo do Día Internacional do
Libro, pon en marcha unha campaña nas redes sociais denominada #GrazasLibro. O obxectivo é que, a través desta etiqueta, as editoras, escritoras/es, distribuidoras, librarías e os lectores e lectoras poidan celebrar o libro e darlle as grazas por se converter nese compañeiro que nunca nos abandona e que nos permite aliviar esta crise.
A través desta acción, a FGEE convida a que se suba unha fotografía no lugar favorito de lectura na casa e se comparta en Instagram y Twitter coa etiqueta #GraciasLibro #GracièsLlibre #Eskerrikaskoliburua #Grazaslibro para converter as redes nunha gran sala de lectura nun día tan especial e nunhas circunstancias tan excepcionais coma as que se están a vivir actualmente e que os lectores e lectoras conten como lles está a axudar o libro a pasar estas semanas.
En paralelo, lanzan o #RetoLibro, que consiste en que ao mesmo tempo que soben a súa foto, reten e animen a outros usuarios a que fagan o mesmo para conseguir que as redes se convertan nunha gran sala de lectura nun día tan especial e nunhas circunstancias tan excepcionais coma as que estamos a vivir actualmente.
Máis información: www.federacioneditores.org