Liberatura esténdese pola cidade madrileña
- On 02/10/2015
O Liber vai levar a literatura polos espazos lectores do corazón da cidade madrileña, acollendo mesas redondas de autores e lectores que debaterán sobre a lectura e os libros. Liberatura pretende ser un Festival Literario que se abra aos amantes dos libros e das librarías. Do 7-9 de outubro a feira Liber achegarase aos públicos mediante o achegamento aos autores.
FNAC, La Casa del Libro; Biblioteca Ayuntamiento de Madrid “Eugenio Trías”; Casa del Lector (Matadero); Espacio Cultural La Victoria; Biblioteca Comunidad de Madrid “Luis Rosales”; Biblioteca Ana María Matute; Círculo de Bellas Artes, serán algúns dos espazos que acollerán os encontros.