Antía Yáñez gaña o Premio Illa Nova de Narrativa 2018
- O 16/04/2018
O Premio Illa Nova de Narrativa 2018 para menores de 35 anos, creado pola Editorial Galaxia, foi para Antía Yáñez coa novela Senlleiras. A obra narrada dende diferentes tempos, aborda unha cuestión tan presente ao longo da historia como a violencia contra as mulleres. O xurado, composto por Anxos Sumai, Daniel Asorey, Montse Pena Presas, Xacobe Pato e Antía Monteagudo, valorou que esta novela “conta cun estilo literario moi coidado, que á vez mestura diferentes voces narrativas e fontes diversas, e é capaz de recrear con precisión e profundidade todo tipo de ambientes”. Ademais, subliñan que “as súas protagonistas, mulleres que teñen que contruír o propio camiño para atoparse a sí mesmas e, ás veces, para rebelarse, son das que non se esquecen”.
A novela, Senlleiras, premiada por unanimidade do xurado, chegará ás librarías nas próximos semanas dentro da colección Literaria da Editorial Galaxia.
Foto: Editorial Galaxia (Antía Yáñez recolle o premio Illa Nova 2018)