Programa da Editorial Galaxia na Feira do Libro da Coruña
- O 31/07/2017
4 Agosto | 19:45 – 20:45
Alí Babá, Morxiana e os corenta usureiros é o novo libro de Marilar Aleixandre. Na presentación na Feira do Libro da Coruña estará acompañada por Mercedes Queixas, escritora e profesora, e Francisco Castro, Director Xeral de Galaxia.
4 Agosto | 20:30 – 21:30
Unha ducia de galegos de Victor Freixanes edítase corenta anos despois. Para celebrar esta nova saída preséntase na Feira do Libro da Coruña, o autor estará acompañado das xornalistas Tamara Montero e Belén Regueira e de Francisco Castro, Director Xeral de Galaxia.
7 Agosto | 19:45 – 20:45
Blues para Moraima (Premio Blanco Amor 2016), a nova novela de Miguel Anxo Fernández preséntase na Feira da Coruña. Acompañarán ao autor Angel de la Cruz, cineasta, e Francisco Castro, Director Xeral de Galaxia.