Alvarellos Editora presenta “Galiza e feminismo en Emilia Pardo Bazán”, de Pilar G. Negro, na Pastoriza
- O 01/12/2021
O venres 3 de decembro, Pilar García Negro presentará, ás 20 h na Casa da Cultura da Pastoriza, o seu libro Galiza e feminismo en Emilia Pardo Bazán, editado por Alvarellos. Un acto organizado polo programa de Igualdade Mulleres do Miño da Pastoriza. A autora estará acompañada por María Xesús López Escudeiro.