ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO HOMENAXEA A DOCE MULLERES CREADORAS NO POEMARIO «OS ECOS DO VENTO»
- O 19/03/2024
A libraría Cartabón (Urzaiz, 125) acollerá un encontro co autor este xoves 21 de marzo, no Día da Poesía, ás 20:00 horas. Estará acompañado pola profesora e crítica literaria Alba Piñeiro e polo ilustrador Xosé Cobas.
«Os ecos do vento» é o novo poemario do escritor e profesor vigués Antonio García Teijeiro, publicado por KALANDRAKA: versos ilustrados por Noemí Villamuza que homenaxean a doce mulleres creadoras, poetas ou narradoras de diferentes xeracións e procedentes de ambas as beiras do Atlántico.
MÁIS INFORMACIÓN:
https://kalandraka.com/autores/garcia-teijeiro-antonio
https://kalandraka.com/event-calendar/os-ecos-do-vento-presentaci-n-na-librar-a-cartab-n-de-vigo