
Nace Cuatro Lunas, lecturas que alumean
- O 17/04/2023
- En vésperas do Día do Libro, Kalandraka Editora presenta este novo selo con motivo do seu 25.º aniversario para acompañar con obras de calidade as lectoras e lectores que medraron lendo Libros para soñar
- Os catro primeiros títulos, entre os que figuran “Cardumen” de Rexina Vega e “No queda nadie” de Brais Lamela, chegarán en maio ás librarías
«Canciones (1921-1924)» de Federico García Lorca, con prólogo de Luis García Montero, e «Cardumen», de Rexina Vega, son os dous primeiros títulos da editorial Cuatro lunas, que chegarán a principios de maio ás librarías. Seguiranlles a mediados de mes «Pisaremos las calles nuevamente», de Vivian Lavín, e «No queda nadie», de Brais Lamela.
Co lema Lecturas que alumean, Cuatro lunas inicia as súas catro coleccións -Poesía, Narrativa, Non Ficción e Nómades- coa recuperación de clásicos imprescindibles da literatura contemporánea e a publicación de novas autoras e autores con criterios de excelencia e valor simbólico.
Este novo selo de Kalandraka chega en vésperas do Día do Libro, cando a editorial vén de celebrar o seu 25.º aniversario, co obxectivo de seguir acompañando as lectoras e os lectoras que foron medrando co seu catálogo de Libros para soñar.
MÁIS INFORMACIÓN: https://kalandraka.com/blogk/post/nace-cuatro-lunas-lecturas-que-alumbran