«NO QUEDA NADIE», DE BRAIS LAMELA, PREMIO EL OJO CRÍTICO 2023 DE NARRATIVA
- O 13/12/2023
É o primeiro autor galego que recibe este recoñecemento nas 34 edicións do certame
A obra «No queda nadie», de Brais Lamela (Vilalba, 1994), publicada polo selo editorial Cuatro Lunas, de KALANDRAKA, vén de ser distinguida co prestixioso Premio El Ojo Crítico 2023 de Narrativa, outorgado por Radio Nacional de España. O xurado destacou que a primeira novela deste autor, traducida dende o galego por María Alonso Seisdedos, “recupera a memoria dos que o perderon todo”. O escritor “mira o exilio e o desarraigo dende ópticas e tempos distintos, e converte este libro nunha crónica transxeracional”, engadiu o fallo sobre esta novela “sorprendente, luminosa e chea de amor, que ocupa os baleiros mediante a palabra”.
MÁIS INFORMACIÓN BLOG K