
Marilar Aleixandre, Premio Nacional de Narrativa 2022
- O 25/10/2022
Marilar Aleixandre (Madrid, 1947) gaña o Premio Nacional de Narrativa 2022 pola súa obra As malas mulleres, editada por Editorial Galaxia. Concedido polo Ministerio de Cultura y Deporte, o premio está dotado con 20.000 euros.
O xurado destaca o seu libro pola “orixinal estrutura híbrida que a converte nunha singular novela histórica sobre a situación carceraria das mulleres no século XIX, un admirable dominio do diálogo e da linguaxe”.