A FEDERACIÓN DE GREMIOS DE EDITORES PRESENTOU O AVANCE DE COMERCIO INTERIOR E EXTERIOR EN ESPAÑA 2022
- O 19/07/2023
- O 75,9% dos títulos editáronse en castelán, un 14,0% en catalán, un 2,3% en éuscaro, un 2,2% en galego e un 5,6% noutros idiomas. A produción do total de títulos aumentou en todas as linguas.
- Todos os subsegmentos da edición medran, especialmente o da literatura infantil e xuvenil, un 8,6%, e os de ficción adulto, un 8,5%.
- As librarías e as cadeas de librarías seguen a ser as principais canles de distribución do libro, e representan o 53,9% das vendas.
O Avance do Informe de Comercio Interior do Libro, elaborado pola Federación de Gremios de Editores de España, co apoio do Ministerio de Cultura e Deporte e CEDRO, reflicte que se editaron 83.091 títulos no ano 2022, o que representa un 4,7% máis ca no ano 2021. Deles 57.125, un 3,5% máis, corresponderon a títulos en papel e 25.966, un 7,4% máis, foron títulos en formato dixital.
Edición por linguas
O 75,9% dos títulos editáronse en castelán, un 14,0% en catalán, un 2,3% en éuscaro, un 2,2% en galego e un 5,6% noutros idiomas. A produción do total de títulos aumentou en todas as linguas.
Todos os subsegmentos da edición medran, especialmente o da literatura infantil e xuvenil, un 8,6%, e os de ficción adulto, un 8,5%.
Canles de distribución
As librarías e as cadeas de librarías seguen a ser as principais canles de distribución do libro, e representan o 53,9% das vendas.
O Avance do Informe de Comercio Exterior destaca que, logo de dous anos en que as cifras de comercio exterior caeran como consecuencia da pandemia e das restricións para a mobilidade de persoas e mercadorías, no ano 2022 comezou a recuperación das exportacións, especialmente no sector gráfico.
Avances Comercio Interior e Exterior 2022 na web da Federación de Gremios de Editores de España