Feira do libro de Ponteareas, do 13 ao 16 de xullo
- O 13/07/2023
As feiras do libro de Galicia, organizadas pola Federación de Librarías, chegan esta semana ao xardín da Xiralda de Ponteareas, cunha proposta de ocio de cultura aberta a todos os públicos.
O acto inaugural da Feira do Libro de Ponteareas celebrarase o 13 de xullo ás 20:00 horas e será o evento oficial de saída para unha feira que contará con catro días de programación, do xoves 13 até o domingo 16.