
Feira do Libro da Coruña, do 1 ao 10 de agosto
- O 31/07/2023
Hércules de Ediciones, Bululú, Edicións Embora, Alvarellos Editora, Ediciones del Viento, Galaxia e Kalandraka participan na 52ª Edición da Feira do Libro da Coruña, organizada pola Federación de Librarías de Galicia.
A Feira do Libro da Coruña celebrarase do 1 ao 10 de agosto nos Xardíns de Méndez Núñez e conta cun completo programa que amplía a actividade e as propostas de ocio de anos anteriores, con sinaturas de libros, presentacións e mesas redondas para toda a familia. En total, preto de 300 actividades durante os seus 10 días de duración.