
Títulos en galego dos selos Kalandraka, Galaxia, Baía, Oqueleo e Xerais na selección OEPLI 2021
- O 31/05/2022
A OEPLI publicou o catálogo LITERATURA INFANTIL E XUVENIL ESPAÑOLA. Selección OEPLI 2021. Un libro/catálogo coa selección bibliográfica dos mellores libros infantís e xuvenís de escritores/as e ilustradores/as do Estado publicados ao longo do ano pasado, entre os que se recollen títulos en galego das editoriais asociadas á AGE: Kalandraka, Edicións Xerais de Galicia, Baía, Galaxia, Oqueleo. Son obras que obedecen a criterios de calidade e idoneidade, o que as fai merecedoras de formar parte desta lista de honra por seren consideradas significativas dentro da gran produción existente.
O libro/catálogo contén unha selección de 200 títulos realizada polas diferentes seccións territoriais da OEPLI: ClijCat, Galtzagorri, Gálix e Consejo, entidades nas que están representados todos os sectores do mundo literario: autoría, ilustradoras, editoras, librarías, bibliotecas, crítica, etc. que avalarán a calidade e idoneidade de cada un dos títulos seleccionados. Accede ao Catálogo OEPLI