Baía Edicións convoca a 8ª edición dos premios Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil
- O 12/01/2018
Baía Edicións convoca a 8ª edición dos premios Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil. Os orixinais presentados deberán estar en lingua galega e de obras de creación literaria dirixidas a nenas e nenos de 8 a 16 anos. O premio terá unha dotación económica de 2500€. Os posibles accésit terán unha dotación de 1000€. As obras serán publicadas por Baía Edicións na súa colección Meiga Moira.
Prazo de recepción de orixinais: 17 de maio de 2018
Máis información: www.baiaedicions.gal
Consulta as bases