PRESENTACIÓN DO LIBRO COLECTIVO “LIBRES E VIVAS” NA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE ARES
- O 02/03/2021
O día 2 de marzo, celebrarase, ás 19 h, a presentación do libro colectivo “Libres e vivas”, na Biblioteca Municipal de Ares, unha obra na que dez escritoras de primeiro nivel das nosas letras abordan a cuestión do machismo, do terrorismo patriarcal contra as mulleres, da liberdade, da Igualdade, para que, dende a literatura, entendamos como é o seu sentir. O resultado é un volume con dez relatos libres coma coiteladas directas á conciencia.
Acompañando ás autoras Charo Pita, Elisabeth Oliveira e Paula Carballeira, participarán no acto o alcalde, Julio Iglesias, Alma Barrón, Concelleira de Cultura, e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia.