Tríptico ártabro, de Ánxeles Penas, novo título na colección Ventoalto, de Edicións Laiovento
- O 11/04/2022
Tríptico ártabro, de Ánxeles Penas, resulta paradigmático do seu mundo poético. Tanto na súa escrita como nos seus contidos, cristaliza numerosas claves da súa poética. Está estruturado en tres partes, “Territorio”, “Os anais do vento” e “Galicia, meu señor”, aínda que as sinerxías temáticas, expresivas e formais entre as tres son constantes, producindo unha viva sensación de coherencia e unidade.
Máis información: laiovento.gal