Culturgal 2018: convocatorias abertas stands e programación
- O 10/07/2018
Culturgal 2018 abre as convocatorias de contratación de stands e de presentación de propostas de actividades para a programación. Na rolda de prensa de presentación do Culturgal 2018, celebrada o luns 9 de xullo, na Casa da Luz de Pontevedra, adiantáronse as liñas de traballo e espectáculos especiais para esta edición que se vai celebrar os días 30 de novembro e 1 e 2 de decembro, no Pazo da Cultura de Pontevedra.
“Ti levás o compás” é o lema deste ano, baixo o que se pretende outorgar protagonismo ao público, a razón do éxito da Culturgal ao longo do tempo. O Culturgal ten como obxectivo, no percorrido polos stands e pola programación, ofrecer o mellor da cultura galega.
Contratación de stands: a organización establece descontos por ser asociado Culturgal, pola fidelidade e por reservar antes do remate de agosto.
Convocatoria de programación: o prazo para a presentación de propostas de actividades comeza o día 9 de xulllo e pecha o 1 de outubro: http://culturgal.com/propostas-programacion-culturgal-2018/
Imaxe: Pepe Barro