XV SIMPOSIO O LIBRO E A LECTURA: Poesía, a luz apagada?
- O 30/10/2018
A Asociación Galega de Editoras celebra o XV SIMPOSIO O LIBRO E A LECTURA, desta volta, baixo o lema Poesía, a luz apagada? A edición deste ano terá lugar os días 15 e 16 novembro 2018, no auditorio do Consello da Cultura Galega, en Santiago de Compostela.
A inscrición é gratuíta ata completar aforo (100 persoas) e pode realizarse a través do enderezo electrónico s.tecnica@editorasgalegas.gal ata o 12 de novembro.
O programa contará con dúas mesas redondas, dúas conferencias, un panel de experiencias, unha actuación-performance e un recital poético. Desenvolverase en xornada de mañá e tarde, o día 15 de novembro e, en xornada de mañá, o día 16 de novembro.
Programa:
Xoves, 15 novembro
Mañá
10:00h. Inauguración
10:30h. Conferencia apertura: Yolanda Castaño
12:00h. Pausa-café
12:30h. Panel de experiencias: da edición á creación
_ Paz Castro, Kalandraka Editora. Premio Internacional ‘Cidade de Orihuela’ de Poesía para Nenas e Nenos.
_ Antía Otero, Apiario
_ Isaac Xubín, autor
_ Leire Bilbao, autora
14:00h. Remate da xornada
Tarde
16:30h. Mesa redonda: novos camiños para a poesía
_Marcus Daniel Cabada, revista Ligeia
_Anxos Rial, mestra e mediadora de lectura
_Celia Parra, poeta
18:30h. Actuación-performance: Cinta Adhesiva
19:30h. Remate da xornada
Venres, 16 de novembro
10:00h. Mesa redonda: canles de visualización
_Chan da Pólvora, libraría
_ Nuria Vil, poeta
_Lara Dopazo, poeta
11:30h. Pausa-café
12:00h. Recital poético: Emma Pedreira, María Lado, Movemarcos (Leo e Xubín)
13:00h. Conferencia peche: Antonio García Teijeiro
14:00h. Clausura