A AGE lamenta o pasamento do editor Francisco M. Villegas
- O 09/03/2018
(Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2018) A Asociación Galega de Editoras manifesta un fondo pesar polo pasamento do editor Francisco Manuel Villegas Belmonte aos 57 anos de idade.
Francisco Villegas foi director xeral de Edicións do Cumio de 2007 a 2013 e fundador e director xeral de Ellago Ediciones.
Entre os anos 2008 e 2010 formou parte da directiva da AGE e nunca deixou de traballar no seu labor editorial na que foi a súa gran paixón, a divulgación cultural.
Dende o gremio galego de editoras queremos trasladar o noso fondo pesar á súa familia e amigos.
Foto de arquivo: Paco Villegas (Edicións do Cumio)