
Boadicea Editora presenta “Ubik” e “O biosbardo e os paxaros sen cor”, en Pontevedra
- O 11/01/2023
O sábado 14 de xaneiro ás 12:30, Boadicea Editora celebra dúas presentacións na Libraría Paz de Pontevedra: Alba Rozas e José Manuel Dopazo falarán de Ubik, o clásico de ciencia ficción de Philip K. Dick, e de O biosbardo e os paxaros sen cor, o primeiro libro da nosa colección infantil “Cartafol de fantasía”. O acto estará presentado por Carlos Pereiro da Revista Morcego.