CONVOCATORIA XVII PREMIO COMPOSTELA PARA ÁLBUMS ILUSTRADOS
- O 06/03/2024
O Departamento de Educación do Concello de Santiago de Compostela e Kalandraka Editora convocan o XVII Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados cunha dotación económica única de 9.000 euros. O prazo de presentación dos traballos rematará o 16 de maio de 2024 e o fallo do xurado darase a coñecer na última quincena de xuño.
Ao XVII Premio Internacional Compostela poden optar autoras/es e ilustradoras/es de calquera nacionalidade con obras orixinais e inéditas, escritas en calquera lingua oficial da Península Ibérica. As persoas interesadas en participar no certame deberán enviar cinco copias do texto, tres ilustracións orixinais e cinco fotocopias en cor de cada unha delas, xunto con unha maqueta acabada de todo o proxecto.