Irmás Cartoné trae ao galego “A campá de vidro”, de Sylvia Plath
- O 30/03/2023
Irmás Cartoné publica en galego A campá de vidro, a única novela de Sylvia Plath
Sylvia Plath naceu o 27 de outubro de 1932 en Boston (Massachusetts). Orfa de pai desde os oito anos, foi unha estudante excelente que amosou interese pola poesía desde cativa.
En 1960 publicou The Colossus, o único poemario que deu ao prelo en vida. En 1961 rematou de escribir A campá de vidro e en 1962, roto o infeliz matrimonio con Hughes, escribiu a maioría dos poemas que conforman Ariel, obra que se publicou postumamente e a consagrou como poeta.
Ao comezo de 1963, publicou baixo pseudónimo A campá de vidro, apenas unhas semanas antes de suicidarse.
Máis información: irmascartone.com