O xardín secreto, de Frances Hodgson Burnett, en galego da man de Aira Editorial
- O 22/07/2021
O xardín secreto, a novela infantil de Frances Hodgson Burnett, nas librarías o 1 de setembro da man de Aira Editorial, traducida ao galego por Carlos Freire.
Sinopse
Mary Lennox é unha nena orfa que se ten que mudar á mansión do seu tío, en Yorkshire, ao norte de Inglaterra, un territorio dominado pola natureza indómita do páramo. Afeita a mandaricar, grazas á sua criada Martha e ao xardineiro Ben Weatherstaff descubrirá os beneficios do aire puro, a natureza e, sobre todo, os xardíns. O día que descubra unha chave enterrada e coñeza a Dickon, o neno encantador de criaturas salvaxes, a súa vida cambiará para sempre. Unha historia sobre o poder da beleza e da amizade. Unha novela fermosa e inmortal, perfecta coma unha rosa.
Máis información: https://airaeditorial.gal/titulos/o-xardin-secreto/