
PARIX, UNHA ESCOLA PARA O LIBRO
- O 08/02/2023
- A formación é gratuíta para profesionais do sector do libro e para as persoas que queiran incorporarse a el
- Permite potenciar o perfil profesional coas ferramentas clave para os vindeiros anos e cun diploma universitario
- Ministerio de Cultura e Deporte confiou este proxecto á Fundación Germán Sánchez Ruipérez e financia PARIX con fondos Next Generation.
A Fundación Germán Sánchez Ruipérez (FGSR) pon en marcha a escola do libro PARIX coa finalidade de ofrecer formación aos profesionais do sector do libro, financiada con fondos Next Generation.
PARIX non supón ningún custo económico, pero si un compromiso de que, logo de facer a inscrición, as persoas interesadas deben completar o curso. Esta plataforma ofrece cursos presenciais e en liña para facilitar o acceso desde calquera lugar.
Ao completar calquera curso de PARIX acadarase un certificado oficial (ECTS de Formación Permanente) do diploma universitario de especialización.
Máis información en Parix.es
Oferta de cursos en liña con inscrición aberta: https://parix.es/category/cursos/