PARIX: NOVA CONVOCATORIA DE CURSOS
- O 19/01/2024
PARIX abre unha nova convocatoria de cursos gratuítos e en liña para profesionais da cadea do libro.
PARIX, é un Programa de formación dos Axentes da cadea do libro para a Recuperación e a transformación a través da Innovación e a excelencia profesional. Unha escola dirixida a profesionais da creación e a tradución literarias, a ilustración, a corrección, a edición, as artes gráficas, a distribución e as librarías co fin de potenciar o seu talento na contorna dixital. O obxectivo é impulsar a recapacitación profesional (reskilling) e a adquisición de competencias adicionais (upskilling). PARIX aspira a ser un referente na transformación dixital da industria do libro en España.
A formación que ofrece está dispoñible en formato presencial e a través dunha plataforma de e-learning.
Pode realizar a inscrición e consultar as condicións da nova convocatoria de cursos no formulario habilitado na páxina: https://parix.es/category/cursos/