Xerais presenta Pecados Veniais e Formigas nos pés, de Nazaret López, en Compostela
- O 01/04/2024
O xoves 4 de abril, ás 19:30, no Centro Internacional de Prensa de Galicia de Compostela (rúa Nova, 9), preséntanse as obras de Nazaret López, Pecados Veniais e Formigas nos pés, editadas por Xerais.
Acompañarán á autora Luis Menéndez, presidente da Asociación de xornalistas de Santiago e escritor; Marilar Aleixandre, escritora e Fran Alonso, director de Xerais.
Ambientación musical a cargo de Javier María López.