O catálogo internacional The White Ravens selecciona ‘A lebre mecánica’, de Ledicia Costas, editado por Xerais
- O 18/10/2023
- La nota, de Pilar Serrano Burgos e Daniel Montero Galán, editado por Kalandraka e Peixe, de Emilio Urberuaga e Javier Zabala, publicado por Bululú están incluídos na listaxe na súa versión en castelán
A lista The White Ravens 2023 que elabora desde Munich a Biblioteca Internacional da Xuventude seleccionou A lebre mecánica, de Ledicia Costas, na súa versión en galego, e editado por Xerais, que xa fora obra gañadora do Premio Lazarillo 2022; La nota, de Pilar Serrano Burgos e Daniel Montero Galán, editado por Kalandraka, que recibira unha mención especial do XIV Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado 2021 e fora finalista en Italia do Premio Andersen 2023; e Peixe, de Emilio Urberuaga e Javier Zabala, publicado por Bululú.
Os títulos seleccionados preséntanse o 18 de outubro nun acto organizado pola Biblioteca Internacional da Xuventude durante a xornada inaugural da Feira Internacional do Libro de Frankfurt, que se prolongará ata o día 22 deste mes. Tamén se exhibirán na próxima edición da Feira Internacional del Libro Infantil e Xuvenil de Boloña, do 8 ao 11 de abril de 2024