DIA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL
- O 02/04/2024
O 2 de abril, data que conmemora o aniversario do escritor dinamarqués Hans Christian Andersen, celébrase o Día Internacional do Libro Infantil, iniciativa do IBBY (OEPLI) que promove a lectura e a literatura infantil.
O deseño do cartel deste ano corresponde á sección xaponesa que difunde a mensaxe de Eiko Kadono e o cartel de Nana Furiya: “Navega polos mares coas alas da túa imaxinación”
A OEPLI, como sección española de IBBY e coa colaboración do Ministerio de Cultura, encárgase de difundir e promover o Día internacional e de editar o cartel e a mensaxe nas catro linguas oficiais de España.