FINA CASALDERREY, CANDIDATA AO PREMIO ASTRID LINDGREN 2024
- O 25/10/2023
A OEPLI, como Sección Española do IBBY, presenta as candidaturas de Fina Casalderrey (a proposta de Gálix, sección galega da OEPLI) e Elena Odriozola ao Premio Astrid Lindgren 2024, premio de literatura infantil e xuvenil establecido polo goberno sueco e que se outorga anualmente a un ou varios receptores: escritoras/es, ilustradoras/es, narradoras/es, e/ou persoas, proxectos ou organizacións que veñan facendo valiosas achegas ao fomento da lectura. O obxectivo do premio é potenciar e aumentar o interese na literatura infantil e xuvenil no mundo, e fomentar os dereitos dos nenos. Cunha dotación de cinco millóns de coroas suecas, é o maior premio do mundo para a literatura infantil e xuvenil e o segundo premio literario no ámbito mundial.
Un total de 245 candidatas/os de 68 países están nomeadas/os para o premio 2024, as propostas foron presentadas por organizacións de todo o mundo. A listaxe de candidatas/os xa é pública e pode consultarse na web www.alma.se/es o gañador ou gañadora anunciarase durante a Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña.
* * *
Fina Casalderrey (Xeve, Pontevedra, 1951) é unha das escritoras máis importantes da historia de la literatura infantil e xuvenil galega. Profesora, diplomada en Lingua e Literatura, e membro da Real Academia Galega, a súa é unha traxectoria fértil como poucas e repleta de recoñecementos.
Autora de máis de medio centenar de títulos. Con Dúas bágoas por Máquina (Xerais, 1992) obtivo o Premio Merlín; con O misterio dos fillos de Lúa (O Barco de Vapor, 1995), o Premio El Barco de Vapor e o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil; con O estanque dos parrulos pobres (Edebé-Rodeira, 1996), o Premio Edebé de Literatura Infantil; e con A lagoa das nenas mudas (Xerais, 2007) o Premio Frei Martín Sarmiento, entre outros. Foi nomeada ao Premio Astrid Lindgren e incluída nas prestixiosas listas White Ravens e Outstanding Books. Ademais recibiu a Medalla Castelao (2003), a distinción Socia de Honra de Gálix (2013) e o Premio da Cultura Galega (2015); distincións que sinalan a excelencia do conxunto da súa obra. Así mesmo, é candidata al Premio Hans Christian Andersen 2024.
Traducida a más dunha ducia de linguas, incluída o braille, levou a cabo un destacado labor no ámbito do fomento da lectura e a renovación pedagóxica do ensino, ademais de promover o teatro escolar e a investigación etnográfica no medio educativo.
Nos últimos anos a sétima arte gañou a súa atención e froito deste interese son os guións das curtametraxes Garuda (2010), Dúas letras (2011) ―distinguida en varios festivais― e Querido Tomás (2013), pola que obtivo o premio á mellor actriz no Festival Independiente de Braga (Portugal) en 2014. Nesta mesma liña, escribiu e dirixiu a curta A última moeda (2016), historia de intenso lirismo e protagonismo infantil.
Entre as súas últimas obras destacan: Lingua Guapa. Cantos que contan (Galaxia, 2020), O xenio da Cidade do Sal (Xerais, 2021) e A muller xabaril (Xerais, 2023).
* * *
Elena Odriozola é unha das ilustradoras de maior proxección internacional, a xulgar pola súa extensa obra e polos premios e recoñecementos recibidos tanto no estado como a nivel internacional.
Realizou estudios de Arte e Decoración. En 1989 comezou a traballar nunha axencia de publicidade dando os sus primeiros pasos no mundo da ilustración e en 1995 publicou o seu primeiro título ilustrado, Agure jakagorria, de Jesús María Olaizola “Txiliku”. En 1997 deixou o ámbito da publicidade e decidiu dedicarse exclusivamente á ilustración e desde entón sobrepasa o centenar de títulos ilustrados publicados e traducidos a varias linguas.
Destaca pola súa capacidade de renovarse, seguindo unha liña propia e coherente, e polo potencial narrativo da súa obra. O seu estilo caracterizase sobre todo pola súa interpretación de cada libro, por como as súas ilustracións definen a historia que se narra. Faino con aparente sinxeleza, con liñas definidas e poucas cores.
O Ministerio de Cultura outorgoulle o segundo premio á Mellor Ilustración do Libro Infantil e Xuvenil pola obra La princesa que bostezaba a todas horas. Gañou o Premio Euskadi de Literatura na modalidade de ilustración (2009, 2013), o Premio Nacional de Ilustración (2015), a Mazá de Ouro da Bienal de Ilustración de Bratislava (2015) coa obra Frankenstein (Nórdica) e o Gran Prix de Bratislava en 2021 por Sentimientos encontrados (Ediciones Modernas El Embudo), co que tamén conseguiu a Mención Concepto Innovador nos Mejores Libros 2020, do Banco del Libro.
Entre as súas obras destacan A princesa e o chícharo (Xerais, 2003), Tres irmás ladroas (OQO, 2007), Furia (Baía, 2007), Aplastamiento de las gotas (Editorial Laberinto de las Artes, 2008; Nórdica 2016), Oda a unha estrela (Kalandraka, 2009), Eguberria (Nerea, 2012), Sábado (Taller de Comunicación Gráfica, 2012), UR: Libro de lluvia (Cénlit Ediciones, 2014), En el bosque (Libros del Zorro Rojo, 2017), colección Euskal herrietako ipuinak (Denonartean, 2017, 2018, 2019, 2020), Herensuge (Denonartean, 2022) e Así me lo contaron, así te lo cuento (Ediciones Modernas El Embudo, 2022).
Máis información en https://www.oepli.org/gl/