
Laiovento presenta ‘Medios e políticos baixo sospeita. 1990-2023’, de Luís Álvarez Pousa, en Vigo
- O 30/10/2023
O 31 de outubro, ás 19:30, no Ateneo Atlántico de Vigo, celébrase a presentación do libro de Luís Álvarez Pousa, ‘Medios e políticos baixo sospeita. 1990-2023’, editado por Laiovento. No acto de presentación participan o autor e Xulio Ríos, fundador e presidente de honra de AGADI, acompañados pola xornalista e escritora, María Xosé Porteiro.
Máis información: laiovento.gal