
24 de outubro. Día das Bibliotecas
- O 24/10/2023
A Dirección Xeral do Libro, do Cómic e da Lectura, a través da Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria, impulsa a celebración do Día das Bibliotecas este 24 de outubro de 2023.
Tecendo comunidades
O lema deste ano, “Tecendo Comunidades”, pretende destacar o papel fundamental que desempeñan as bibliotecas na construción de lazos fortes dentro das nosas comunidades. Estas institucións son centros de conexión e aprendizaxe, onde as historias, as experiencias e os coñecementos son os fíos que unen á cidadanía.
Imaxinamos as bibliotecas coma uns teares onde se fían as relacións e os coñecementos, onde se ata o sentido de pertenza. “Tecendo Comunidades” pon en valor esta importante función social das bibliotecas. Elas dan forma á nosa comprensión colectiva, facilitan o intercambio de ideas diferentes e proporcionan un espazo seguro para o crecemento persoal e colectivo. Cada visita, cada lectura, cada conversa, achega un fío único a este tecido comunitario. A través destes intercambios e conexións, as nosas diferenzas e semellanzas únense, e amosan a diversidade e a riqueza das nosas comunidades.