
A Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña celebra a súa segunda edición en liña, do 14 ao 17 de xuño
- O 11/06/2021
- A BCBF volve celebrarse en liña e reunirá do 14 ao 17 de xuño á comunidade mundial de profesionais do sector da LIX
- Conferencias, premios, obradoiros, foros e encontros, conforman o programa de eventos no escenario dixital
Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2021.- Do 14 ao 17 xuño celébrase en liña a Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña, e proporá un amplo programa de eventos no escenario dixital: conferencias, premios e obradoiros, exposicións, charlas, foros e encontros.
Ata o vindeiro ano que non está prevista a feira presencial, do 21 ao 24 de marzo de 2022, a BCBF presenta un completo programa de eventos para esta segunda edición en liña.
Convidados excepcionais sucederanse nos catro días LIVE, con eventos dedicados á comunidade mundial de profesionais do sector. Entre as novidades 2021: un gran programa de iniciativas comisariadas directamente polos expositores de BCBF.
PROGRAMA de EVENTOS
Todas as actividades están dispoñibles no Programa de Eventos dos Expositores propostas directamente polas expositoras da BCBF. Para participar na BCBF ONLINE EDITION cómpre rexistrarse na Área Reservada a Visitantes BCBF. A inscrición é gratuíta e pode facerse na seguinte ligazón