Baía Edicións presenta “Ana e a lúa lueira” de Toño Núñez, en Lugo
- O 15/12/2021
Baía Edicións presenta Ana e a lúa lueira. Conto musicado, do escritor Toño Núñez, no Museo Interactivo da Historia de Lugo (Parque da Milagrosa. Avenida Infanta Elena, s/n) o xoves 16 de decembro ás 19.00 horas.
No acto de presentación estará o autor acompañado polo compositor da música da obra, Fernando Gómez Jácome, a ilustradora Noemí López Vázquez, e a editora Belén López.