Baía presenta E que vai ser?, de Adelaida Vidal, en Vigo
- O 10/11/2023
O sábado día 11 de novembro ás 12.30 horas, na FNAC Vigo (Praza da Estación, 1) terá lugar a presentación de E que vai ser?, obra de Adelaida Vidal, gañadora do IV Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade, e ilustrada por María Montes, editada por Baía Edicións.
No acto de presentación participará a autora, acompañada pola coordinadora editorial de Baía Edicións, Patricia Gómez Uzal.
* * *
A autora: Adelaida Vidal (A Coruña, 1986) é titulada superior en arte dramática e graduada en psicoloxía. No ano 2011 gañou o premio Risco de creación literaria coa novela Olladas, e no 2020 o premio Historias de Mulleres co relato “Ruby Woo”. Traballou como contacontos e actualmente exerce como psicóloga no ámbito da protección á infancia.
* * *
A ilustradora: María Montes (Pontevedra, 1987) é bióloga e máster en biotecnoloxía pola USC. Combina a ilustración e o deseño de forma profesional co seu traballo nunha clínica veterinaria. Algúns dos seus traballos son: A Brétema (Urco Editora, 2018) reedición da obra de María Victoria Moreno; Nosoutras, publicación de relatos inéditos de María Victoria Moreno (Urco Editora, 2018); Irmá Paxaro de Tamara Andrés (Mellor Libro ilustrado na Gala do libro Galego, Cuarto de Inverno, 2020), La Casa de la Moira (Ed. Bululú, 2021) e Unha nova dimensión (Xerais, 2022).