Edicións Fervenza presenta “A lagoa máis fermosa de tódalas lagoas”, de Antela Cid, en Vigo
- O 20/10/2023
A Biblioteca Municipal da Escola de Artes e Oficios de Vigo (EMAO), acolle o mércores 25 de outubro, ás 18:00 h, a presentación do libro infantil A lagoa máis fermosa de tódalas lagoas, publicado por Edicións Fervenza, e da autoría de Antela Cid e ilustrado por Anabel Montouto.
No acto, autora e ilustradora estarán acompañadas polo filólogo e escritor Ramón D. Veiga.
Para que todas as persoas asistentes, pequenas e adultas, desfruten dunha xornada divertida e entretida, Antela Cid fará unha lectura dramatizada do conto.