Presentación de “Pazo de inverno”, Premio García Barros 2021, na Estrada
- O 10/12/2021
O venres 10 de decembro, celebrarase, ás 12 h, unha rolda de prensa de presentación arredor de Pazo de inverno, Premio García Barros 2021, de Alberto Lema, no Salón de Plenos do Concello da Estrada.
Acompañando a Alberto Lema, gañador do García Barros 2021, estarán o alcalde da Estrada, José C. López Campos, e Francisco Castro, director xeral da Editorial Galaxia.