Programación CULTURGAL 2023
- O 20/11/2023
Xa está en marcha a CULTURGAL 2023. Do 1 ao 3 de decembro, no Pazo da Cultura de Pontevedra, celébrase a cita anual da cultura galega. Un lugar de encontro entre os públicos e artistas, profesionais e institucións. Un espazo para poñer en contacto á creación e ás compañías con profesionais da xestión cultural, programadores, empresas e institucións. As expositoras da Culturgal son o corazón e o motor da Feira.
Nesta 16ª edición de Culturgal poténciase o seu carácter de escenario de encontros entre profesionais e sectores, e de espazo para o nacemento e consolidación de proxectos. Sen esquecer que o gran protagonista é tamén o público que se achega á Feira das Industrias Culturais Galegas para coñecer de primeira man as novidades do sector.
Podes consultar toda a programación xeral aquí: https://cultur.gal/programa
Actividades nos stands das asociadas á AGE na Culturgal
Forman parte de Culturgal as asociacións profesionais máis representativas do sector: Asociación Galega de Editoras (AGE), Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas (Escena Galega), Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM), Empresas Galegas Adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías (Eganet), Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi).