Xerais convoca o 5º concurso de banda deseñada “O GARAXE HERMÉTICO”
- O 22/11/2023
Despois do éxito da bd “A PROBA DE AUGA” de Anémona de Río gañadora no 2019, de “NEREA, o príncipe da sorte” de Miguel Rojo e Pablo Prado, gañador no 2020 e “CÓSMICO, o bombeiro galáctico de Fonso Barreiro (FON), gañador no 2021 e O CADERNO DE RAMA, de Ánxel con X, gañador no 2022, XERAIS convoca a 5ª edición do CONCURSO DE BANDA DESEÑADA “O GARAXE HERMÉTICO”, dirixido aos alumnos/as e exalumnos/as de O Garaxe Hermético – Escola Profesional de Banda Deseñada e Ilustración, promovido por edicións XERAIS e a Escola Profesional de BD creada por Kiko da Silva.
O/a gañador/a obterá un contrato profesional e verá publicada a súa obra na colección Merlín Cómics de Edicións Xerais de Galicia.
Consulta as bases completas: https://www.ogaraxehermetico.com/concurso-xerais