Clara Martín, coa obra ‘Loucine’, gañadora do Concurso Balbino de Relatos 2023
- O 13/09/2023
- A novela premiada destaca por mostrar unha sinfonía de soidades na que todos os seres do relato atopan o seu lugar
O xurado determinou outorgar o galardón á obra Loucine, presentada baixo o lema Matilda Wormwood, polo “gran traballo na caracterización dos personaxes nunha historia que atrapa pola intriga e que é quen de reflectir, con notable habelencia, unha sinfonía de soidades na que todos os seres deste relato atopan o seu lugar no mundo”.
A obra gañadora deste certame literario será publicada por Edicións Fervenza, e recibirá un premio económico por valor de 1.500 euros.
O Concurso “Balbino” de Relatos conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia, o departamento de Cultura e Lingua da Deputación de Pontevedra, a Fundación Xosé Neira Vilas, e os concellos de Boqueixón, Silleda e Vila de Cruces.