
VII edición do concurso Balbino de relatos
- O 09/02/2022
Aberto o prazo da VII edición do Concurso Balbino de Relatos, que leva o nome do protagonista da obra máis internacional da literatura galega Memorias dun neno labrego, do célebre escritor Xosé Neira Vilas.
Este Concurso de Relatos pretende ser un estímulo para todas aquelas persoas que queiran participar na promoción e difusión de Galicia e da nosa cultura.
Bases
O prazo para recepción de orixinais estará aberto ata o xoves 30 de xuño de 2022. Os relatos deberán cumprir unha serie de requisitos formais, marcando unha extensión de entre 100.000 e 200.000 caracteres, estar escrito en galego e cunha temática relacionada co rural, o mar ou a emigración.
A bases estarán dispoñibles en www.concursobalbino.com
A obra gañadora será elixida por un xurado profesional de recoñecido prestixio que darán a coñecer o fallo no mes de setembro. O autor do relato premiado recibirá a contía de 1500 euros e a publicación da obra por Edicións Fervenza.