Hércules presenta “ A madriña”, de Nones Araújo, na Coruña
- O 15/11/2023
O día 23 de novembro, ás 19:30, o espazo lector Nobel da Coruña acolle a presentación de “A madriña”, de Nones Araújo. No acto de presentación a autora estará acompañada de Laura R. Herrera, editora de Hércules, e Alma Barrón, concelleira de Cultura do concello de Ares.