Semana do Libro de Compostela 2021, do 10 ao 19 de setembro
- O 09/09/2021
Alvarellos Editora, Kalandraka, Cuarto de Inverno, Editorial Galaxia, Irmás Cartoné, Xerais, Bunker Books, a editorial Bululú e Edicións Positivas participan na SELIC 21, que se vai celebrar en Compostela do 10 ao 19 de setembro.
O Concello de Santiago de Compostela organiza a cuarta Semana do Libro de Compostela coa intención de amosar o potencial editorial e literario da cidade. A SELIC é unha semana de celebración arredor do libro, con actividades que invitan á participación de toda a familia. Por iso, mais aló das presentacións e firmas de exemplares, na Semana do Libro foméntanse actividades paralelas como visitas guiadas pola cidade, espectáculos infantís, actuacións musicais, mesas redondas e talleres.
Programa completo: http://selic.gal/sites/portalselic/files/programacionselic2021.pdf