Vídeos da xornada Financiamento europeo para o sector editorial galego
- O 12/03/2024
Xa están dispoñibles os vídeos editados da xornada organizada por Europa Creativa, en colaboración coa AGE: Financiamento europeo para o sector editorial galego, celebrada o pasado 27 de febreiro en Compostela.
Na web de Europa Creativa: https://europacreativa.es/cultura/evento/jornada-financiacion-europea-para-el-sector-editorial-gallego/
Na súa canle de YouTube:
Primeira parte:
https://www.youtube.com/watch?v=YBhPQYd-0xE&list=PLmAw6SZis81Ib21agpj8lJQ-dfLEeVDV0&index=1&t=1s
Segunda parte: https://www.youtube.com/watch?v=R5nMqvDujjc&list=PLmAw6SZis81Ib21agpj8lJQ-dfLEeVDV0&index=2
O pasado 27 de febreiro, a Oficina Europa Creativa Cultura do Ministerio de Cultura e a Asociación Galega de Editoras, en colaboración co Consello da Cultura Galega, organizaron esta xornada sobre as oportunidades de financiamento europeo para o sector editorial e do libro galego para presentar os requisitos e as bases da convocatoria de Circulación de Obras Literarias Europeas 2024, ademais dos formularios e o orzamento da solicitude.
A convocatoria de Circulación de Obras Literarias Europeas 2024 está dirixida a entidades legais do sector editorial e do libro. O seu obxectivo é apoiar a tradución, a publicación, a distribución e a promoción de obras europeas de ficción e cada proxecto deberá incluír un paquete mínimo de 5 obras literarias europeas de ficción, establecéndose tres categorías de proxectos segundo o seu orzamento e o volume das obras.
Por outra parte, tamén se expuxeron outras axudas do subprograma Europa Creativa Cultura que poden ser de interese para o sector: Culture Moves Europe, Proxectos de Cooperación Europea, Redes e Plataformas Europeas.
Imaxe: Marialaura Gionfriddo