Xerais, Aira, Hércules de Ediciones, Laiovento e Galaxia presentarán as súas novidades no FLIV 21
- O 23/03/2021
Do 26 ao 28 de marzo, celébrase a segunda edición do Festival Virtual do Libro e a Literatura en galego (FLIV) desde fliv.gal, que centrará a súa atención argumental no repaso da actividade dun 2020 pandémico pero creativo e, ademais, nas celebracións deste 2021: de Pardo Bazán a Xela Arias, pasando por Álvaro Cunqueiro, e as conmemoracións arredor do Día Mundial do Teatro.
As editoriais Xerais, Aira, Hércules de Ediciones, Laiovento e Galaxia presentarán as súas novidades no marco do FLIV 21.
Esta segunda edición da FLIV conta co apoio da Deputación da Coruña e da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Podes descargar aquí o programa completo.