ECOSISTEMA DIXITAL DE CEDRO
- O 27/06/2023
CEDRO e a Asociación Galega de Editoras organizan o seminario gratuíto para asociadas a ambas as dúas entidades: ECOSISTEMA DIXITAL DE CEDRO. Impartido por Pedro Sánchez, director do departamento de socios da entidade de xestión de dereitos CEDRO, celebrarase en liña a través da plataforma Zoom, o día 6 de xullo, ás 11h.
Coa irrupción do mundo dixital no sector do libro, CEDRO comezou a traballar no desenvolvemento dun ecosistema dixital para crear na sociedade unha conciencia de respecto á propiedade intelectual, xestionar os dereitos de autoría e loitar contra o roubo de contidos. Co noso ecosistema CEDRO pretende axudar ás editoriais asociadas á correcta xestión dos seus dereitos no ámbito dixital.
Para poder asistir ao seminario é necesaria confirmación de asistencia en s.tecnica@editorasgalegas.gal