Curso gratuíto de Introdución ao márketing dixital para editoras da AGE
- O 28/10/2021
A Asociación Galega de Editoras ofrece, coa colaboración de CEDRO, un Curso gratuíto de Introdución ao márketing dixital para editoriais asociadas á AGE, impartido pola docente Eva Güell, especializada no ámbito do márketing e a transformación dixital, con ampla experiencia no sector editorial e docente do Máster de Edición da Pompeu Fabra de Barcelona.
Obxectivos: O curso ofrece os elementos básicos para:
- Adquirir unha visión global da contorna dixital e definir que precisamos para posicionar nel a nosa editorial e os libros que se publican.
- Entender a estrutura do modelo de márketing dixital, as técnicas que permitirán integralo no plan de márketing anual, e como medir a consecución dos obxectivos marcados.
Duración: 6 horas
Días: 9, 10 e 11 de novembro
Horario: de 17:00h a 19:00h
Plataforma: aula virtual da docente
Contido das sesións:
1ª sesión: O modelo de márketing dixital no sector editorial
- A contorna dixital no sector editorial: entender as circunstancias específicas de márketing e negocio no noso sector.
- O modelo de márketing dixital: o Funnel ou funil de conversión: conceptos claves de cada unha das fases.
2ª sesión: Optimizar os activos dixitais dunha editorial. Buscadores e contidos.
- Activos dixitais dunha editorial.
- Posicionarnos en Google: SEO e SEM
- Estratexia de contidos
3º sesión: A interacción coa audiencia. Xestionar BBDD. O plan de márketing 360º.
- Redes sociais: claves para definir a nosa presenza
- Correo márketing
- O plan de márketing editorial 360º
Máis información e inscricións: s.tecnica@editorasgalegas.gal