
Edicións Laiovento presenta ‘A grande transformaçom’, de Karl Polanyi, en Ourense
- O 08/11/2022
Edicións Laiovento presenta ‘A Grande Transformaçom. As origens políticas e económicas do nosso tempo’, de Karl Polanyi, o 8 de novembro, ás 19:00, na libraría Nobel de Ourense (rúa Santo Domingo, 66). No acto de presentación estarán Antón Jardón e o tradutor da obra, Claudio López Garrido.
A Grande Transformaçom, é recoñecida cada vez máis como unha das principais obras da ciencia social do século XX. É unha referencia indispensable nos debates actuais sobre a globalización e acadou o status de obra canónica para a socioloxía económica e a economía política internacional. Mesmo no campo da economía, que ignorou durante moito tempo a poderosa crítica de Polanyi à autorregulación do mercado, as súas ideas gañarom renovada consideración e respecto.