A tribo literaria en 2021. Reflexións sobre a situación actual da literatura galega
- O 22/04/2021
O 23 de abril, Día do Libro, o presidente da Asociación Galega de Editoras, Henrique Alvarellos, participa no evento A tribo literaria en 2021 (Reflexións sobre a situación actual da literatura galega). No acto, que terá lugar ás 19:30 h., no Centro Cívico e Cultural de Arteixo, varios dos principais axentes do sistema literario galego farán unha posta en común sobre a situación actual da literatura galega e as súas necesidades máis urxentes.
O evento será público e presencial se as condicións sanitarias o permiten, e as conclusións serán publicadas para promover o debate entre especialistas e público xeral. Poderá seguirse tamén ao vivo, desde o Facebook Live do Concello de Arteixo
Participan:
Carlos Lorenzo Pérez, coordinador do Concurso de Poesía “Concello de Carral”
Henrique Alvarellos Casas, presidente da Asociación Galega de Editoras
Henrique Rabuñal Corgo, escritor e crítico literario
Xosé Manuel Pereiro Sánchez, xornalista
Modera:
Alfredo Ferreiro Salgueiro, escritor e director literario